26.6.12

I ENCONTRO DE ARTESANÍA TRADICIONAL E POPULAR DE GALICIA



A DIRECTIVA "FRAGA DAS SAÍMAS" INFORMA A TODAS AS SÚAS SOCIAS DA CARTA-CONVITE REMITIDA POLA DIRECTORA XERAL DE COMERCIO  PARA ASISTIR AO I ENCONTRO DE ARTESANÍA TRADICIONAL E POPULAR DE GALICIA OS DÍAS 6, 7 e 8 DE XULLO DE 2012.

A continuación  transcríbese literalmente o convite remitido pola Directora Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria ao correo electrónico da asociación (fragadassaimas@gmail.com):

Estimados Sres/Sras,

Dende a Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e en colaboración coa Consellería do Medio Rural e do Mar, co Concello de Agolada a Deputación de Pontevedra e as asociación de artesáns profesionais, convidámoslle a visitar o Corazón da Artesanía: I Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia. Este evento terá lugar en Os Pendellos de Agolada os días 6, 7 e 8 de xullo de 2012.

Coa ilusión de que esta iniciativa sexa un éxito, e se converta nun referente no sector da artesanía, sería para nós un pracer contar co apoio da súa asociación e que comparta cos seus asociados este convite. O obxectivo deste encontro é crear un espazo que permita a interrelación dos distintos eidos que conforman a nosa identidade e a posta en valor da nosa artesanía, a música, o baile tradicional ou a gastronomía, proxectando unha imaxe integral e fiel da cultura tradicional e popular de Galicia no seu conxunto.

Exposicións, intercambios comerciais, obradoiros para nenas e nenos, un obradoiro para artesáns, deseñadores e arquitectos dirixido polo prestixioso deseñador Martín Azúa, mostras en directo de oficios tradicionais, presentación de discos e libros, e venda e degustacións de produtos agroalimentarios teñen como misión configurar unha oferta diversificada capaz de satisfacer a demanda dos máis variados e esixentes visitantes.

A organización habilitará as edificacións rehabilitadas dos pendellos para a venda e demostración de produtos artesanais e distribuirá en postos deseñados para este proxecto aos expositores de productos agroalimentarios. Grupos de música e baile tradicional amenizarán estas xornadas que agardemos sexan do seu agrado e de todos os visitantes que acudan a Agolada nestas datas.

Agradeceríamos a difusión desta información

Para obter máis información do evento poden visitar a páxina webwww.artesaniadegalicia.org.

Agradecéndolle a súa atención, reciba un cordial saúdo
  
Mª Nava Castro Domínguez
Directora Xeral de Comercio
Consellería de Economía e Industria

No hay comentarios: