“A
violencia NON é normal REACCIONA. ROMPE as cadeas co teu AGRESOR”
O COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS PON
EN MARCHA UNHA CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA CON MOTIVO DA
CELEBRACIÓN DO 25N, DÍA MUNDIAL PARA A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE
XÉNERO
Con
motivo da celebración do 25N, Día Mundial para a Loita contra a
Violencia de Xénero, o colectivo Fraga das Saímas ven de poñer en
marcha unha campaña contra a violencia machista ao obxecto de
detectar e visualizar
as
diferentes manifestacións de violencia (física, psicolóxica,
sexual, económica e ou patrimonial) que se poden dar nas relacións
de parella, que se atopan ocultas na vida cotiá e que moitas veces
se confunden ou descoñecen. E para o cal este colectivo editou 150
VIOLENTÓMETROS,
un material gráfico e moi didáctico en forma de regra e calendario
que se están a distribuir, coa colaboración da librería Porta da
Vila, África Copias e Catá, entre as mulleres da asociación e do
concello de Viveiro cos cales poderán visualizar se a súa relación
de parella é saudable ou pola contra é nociva e perigosa para a súa
persoa e a súa integridade física.
As
manifestacións de violencia que se amosan neste material gráfico
non son necesariamente consecutivas, senón que poden ser
experimentadas de maneira intercalada. Neste material plásmase dous
tipos de relacións de parella: unha saudable e outras relacións
cunha escala de violencia gradual, onde se inicia sinalando as
manifestacións máis sutiles, posteriormente as máis evidentes e na
última escala as manifestacións máis extremas.
Aínda
que habitualmente tendemos a fixar a atención nas formas extremas da
violencia. Con esta campaña quixemos centrar o foco de atención
desde a 1ª etapa onde se enxendra a violencia e se desenvolve no día
a día unha violencia velada que aparece dun xeito case irrecoñecible
(palmadiñas, burlas, empuxóns...) para así as rapazas, a través
deste violentómetro, podan ser capaces de recoñecer unha serie de
sinais de advertencia na súa relación de parella e saiban
identificar se a súa relación está baseada na igualdade ou polo
contrario está sufrindo unha relación de violencia e desigualdade (
falta de respecto a través de insultos, humillacións.., críticas
constantes, celos, imposición de obrigas sobre o que debes facer ou
dicir... intentar aillarte da familia e amigos, obrigada a manter
prácticas sexuais non desexadas, etc..)
O
colectivo Fraga das Saímas considera que o violentómetro pode ser
unha ferramenta útil que permite estar atenta á muller e ao seu
entorno para detectar e alertar dunha situación perigosa, e así
poder adoptar as medidas necesarias para frear este tipo de condutas
violentas. Este colectivo cre que esta ferramenta pode resultar moi
beneficiosa tanto para as mulleres (empezando polas máis novas) como
para a comunidade educativa e os ámbitos familiar, laboral e social
nos que se desenvolven.
Para
a realización desta campaña de sensibilización e identificación
das situacións violentas desde as primeiras sinais, dentro dunha
relación sentimental, o noso colectivo empregou a idea dun material
gráfico similar que desenvolveu o Instituto Politécnico Nacional de
México no ano 2009 a raíz dunha das investigacións levadas a cabo
dentro do seu Programa Institucional de Xestión con Perspectiva de
Xénero entre o seu alumnado de 15-25 anos, co título “Novas
dinámicas da relación de parella”.
Por
último dicir que para a elaboración do violentómetro o colectivo
Fraga das Saímas contou coa axuda inestimábel de varios
colaboradores que supervisaron os contidos deste material. Así cabe
agradecer a axuda de Fernanda Soutullo (Técnica de Servizos
Sociais), Dores Sánchez (Filóloga galego-portuguesa) e Manuel López
(dinamizador cultural), asimesmo á empresa Ideño, SL que colaborou,
baixo a coordinación da secretaria e presidenta da Asociación, no
deseño e maquetación do violentómetro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario