O COLECTIVO DE MULLERES DE STO. ANDRÉ DE BOIMENTE ORGANIZA A VI FESTA DE NADAL "FRAGA DAS SAÍMAS-2013"
A Directiva da asociación de mulleres rurais "Fraga das Saímas" ven de abrir o prazo para anotarse á celebración da Festa de Nadal-2013 e anima as súas socias, veciños e amigas a participar nesta celebración anual, que xa vai pola súa 6ª edición, e que pecha as actividades desenvoltas polo colectivo feminino ao longo do ano 2013.
As persoas interesadas teñen de prazo para anotarse á Cea de confraternidade ata o día 15 de decembro de 2013. Cea que estará servida polo Restaurante O´Val do Naseiro a partir das 21.00 horas.
Os actos desta celebración darán comezo ás 19.30 horas cun gran Concerto de Nadal a cargo dun dos novos valores da música galega, a xovencísima cantautora Carmen Rodríguez Rodríguez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario