17.1.14

PROGRAMA SPAbílate MULLER


A DIRECTIVA "FRAGA DAS SAÍMAS" ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA SPAbílate Muller 

A Directiva pon en coñecemento das  socias do colectivo de mulleres "Fraga das Saímas" o propósito de poñer en marcha no mes de febreiro o Programa SPAbílate Muller, para o cal precisa saber o número de mulleres e, por que non? homes tamén, que desexan participar neste programa. 

Estás interesada na túa saúde? Participa con nós Programa SPAbílate nunhas instalacións, onde o único  obxectivo e que as/os amantes da tranquilidade, da posta en forma e da preocupación pola súa saúde gocen dun circuíto termal de auga mariña e se deleiten os seus sentidos rodeados dun marco incomparable xunto ao mar.
  
DÍAS DA ACTIVIDADE: VENRES ÁS 18.00 HORAS E DOMINGOS ÁS 11.30 HORAS!
 
O prezo a aboar por esta actividade vai depender de: se se integra dentro do programa de actividades 2014 da asociación (está pendente da aprobación pola asemblea xeral) ou se forma parte dunha actividade desenvolta por un colectivo de mulleres e homes interesadas/os nesta iniciativa. 

No hay comentarios: